
"Ardalén" está acabado. foron tres anos de traballo moi intenso.
Por problemas cos calendarios de produción, en novembro de 2012 sairán só as edicións en castelán e galego. As demais o farán a partir de marzo do 2013.
"Ardalén" é unha historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun grupo de seres humanos que se axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio.
Grazas a todos os que durante estes tres anos manifestástesme a vosa impaciencia por este novo libro. Espero non defraudarvos.
Mini site en Norma Editorial
Ficha editoria CASTELÁN
Ficha Editorial GALEGO