Comic, Ilustracion, Animación, Pintura, Fragmentos de la enciclopedia defica, La mansión de los Pampín, Stratos, Tangencias, Trazo de tiza, Quotidianía delirante, Cronicas incongruentes, Pedro y el lobo, Manuel Montano, Los compañeros de la orde de la piedra, O casi, Acuarios, De Profundis, Men in black, Xabarin club y los vigilantes del camino, El padrino, Ardalén, Xabarin, bande desinée, fumetto, quadrinhos, banda deseñada

Está vostede en:Banda Deseñada / ...Ou case. / Une lettre trouvée à Lisbonne

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Une lettre trouvée à Lisbonne

Este libro, feito en colaboración co escritor Eric Sarner, tivo ata o momento edicións soamente en francés (edición orixinal) e en edicións biligües portugués - francés / inglés / castelán co título Carta de Lisboa. Calquera delas é xa moi difícil de atopar.

Tanto Eric como eu coñeciamos Lisboa desde facía tempo e acordamos unha metodoloxía de traballo simple: durante os quince días que duraría a nosa estancia percorreriamos xuntos a cidade, tomariamos notas e apuntes, pero en ningún momento os compartiriamos, de maneira que a visión do un non condicionase a do outro. Así o fixemos. Só houbo dúas claras violacións do acordo. A primeira, que ao cabo de dous ou tres días os dous advertimos que, imprevisiblemente, Lisboa estaba chea de sutís referencias animais. Estaba claro que ese fío condutor aparecería en texto e imaxes. A segunda, un fascinante suceso cunha fotografía atopada por azar nun lugar inverosímil. Era imposible non facer comentarios e elaborar unha historia común ao redor daquel achado. 

 

Galería

 © Miguelanxo Pradopowered by paginasweb.es