Comic, Ilustracion, Animación, Pintura, Fragmentos de la enciclopedia defica, La mansión de los Pampín, Stratos, Tangencias, Trazo de tiza, Quotidianía delirante, Cronicas incongruentes, Pedro y el lobo, Manuel Montano, Los compañeros de la orde de la piedra, O casi, Acuarios, De Profundis, Men in black, Xabarin club y los vigilantes del camino, El padrino, Ardalén, Xabarin, bande desinée, fumetto, quadrinhos, banda deseñada

Está vostede en:Animación / De Profundis / Sinopse
 

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Sinopse

"De Profundis" conta unha historia marabillosa, onírica, con raíces nos mitos das culturas atlánticas, dos pobos asomados a este Pai Océano. Pretende adoptar a estrutura simple das narracións tradicionais e recrear as sensacións fabulosas dos contos mitológicos.

Os personaxes principais son un pintor que soña ser mariño e pescador, e unha muller que toca o violonchelo, namorados e habitantes dunha casa no medio do mar.
Logo de morrer afogado durante unha tempestade, o pintor-mariñeiro será guiado por unha serea a través dun percorrido submariño, iniciático, transformador, ao longo do cal coñecerá ao cazador de congrios, á pastora de medusas, á manda dos grandes cetáceos, visitará a cidade mergullada...

Todos estes elementos compoñen, nun xogo especular, un equivalente oceánico do "ceo" como ubicación do "máis aló". Un máis aló que o pintor, nun exercicio visionario, impelido pola súa fascinación polo Mar, tiña xa incorporado ao seu universo pictórico. E é ese máis aló das fonduras o que percorre -unha parte del- nun tránsito que lle permitirá, dun modo fabuloso, volver para reencontrarse coa muller que ama.

 © Miguelanxo Pradopowered by paginasweb.es