Cortegada

Cortegada é menos extensa que Ons e Cíes. O itinerario da visita percorre a beira e inclúe un camiño transversal central que cruza a illa de este a oeste. Estivo habitada ata principios do XX, e daquela apenas tiña arborado.

En cen anos medrou de xeito natural unha gran fraga de piñeiros, carballos e un bosque (ao parecer o máis grande de Europa) de loureiro. As vivendas abandonadas e derrubadas, comestas pola vexetación e as árbores, impresionan.

Santuario da Virxe de Cortegada.

Marcas dos parques de marisqueo.