Illas / Islas

Gemma Sesar, de "El Patito", editores ata o momento de "Stratos", "De profundis", "Os compañeiros da orde da Pedra" e "Trazo de xiz" en galego (e de "Ardalén" a partires de finais de outubro deste ano), propúxome este verán a realización dun libro con estrutura de caderno de viaxe sobre as illas galegas. O proxecto vaise poñer en marcha esta semana que entra. As illas grandes serán as primeiras: Cíes, Ons, Cortegada e San Simón. Logo, ao longo do ano (ata maio é a previsión), irei visitando as demais (o listado ainda non está pechado definitivamente). Do martes 11 ao domingo 16 subirei diariamente ao blog algún bosquexo e algún comentario.

Comments powered by CComment