Ons

 

Corvos mariños, á saída de Bueu.

Chegamos a Ons sobre as sete da tarde do xoves. Ventaba moito. Hai luz eléctrica tres horas ao mediodía e de sete a dúas da noite. Ons ten habitantes "reais", xentes que viven alí todo o ano, que teñen as súas leiriñas, que saen a pescar, que van e veñen de Bueu... O que non lle fai perder nin un chisco de espectacularidade á súa natureza. Está moito menos arborada que Cíes, con piñeiros e algún pequeno bosque de acacias. Puidemos ver un gavión (un tipo de gaivota de gran tamaño), algún lagarto arnal (enooormes), corvos mariños... Dende o Burato do Inferno, unha furna cunha "cheminea" de arredor de 70 m. de fondo, as vistas son impresionantes.

Cruz no Buraco do Inferno.

Máis tarde, na praia de Melide, atópome co agasallo de nadar entre grupos de sargos, pintos e maragotas entre as algas, múxeles e grandes cardumes de alevíns, todos destemidos, pululando curiosos ao meu redor ou, simplemente, ignorándome.  

O faro de Ons.

 

Comments powered by CComment