Así como deseñei a práctica totalidade dos personaxes humanos da serie, para o deseño dos alieníxenas había un grupo de debuxantes que completaba os modelos necesarios. Recordo a Matt Thompson, un australiano cun tipo de debuxo moi limpo e elegante, e uns caderniños nos que debuxaba monstruítos divertidísimos. Aínda así, fixen 400 deseños de extraterrestres.
Xogo: as imaxes 9 e 10 da galería (as dúas últimas en B/N) teñen entre si unha diferenza. É un plano da cabeceira da serie. A primeira foi censurada "nas alturas" e tiven que "operar" tal e como se ve na segunda.