"Ardalén" é unha historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun grupo de seres humanos que se axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio.