No FIBD de Angoulême 2010 presentouse a exposición "100 x 100 ", para a que un centenar de autores fixemos unha versión / homenaxe a unha páxina das pertencentes aos fondos estables do Musée da B.D.
Non foi fácil elixir, pois non son poucos os autores que me influíron determinantemente ou que admiro con entusiasmo. Ao final decidinme por Moebius e o seu Arzak: se alguén me abraiou e provocou para que me interesase na historieta, foi el. Grazas eternas, mestre!