Nos salóns e convenciones, unha das constantes durante as sobremesas das ceas con amigos e colegas, cando se está xa relaxado cunha copa na man, logo de longas sesións de firmas e entrevistas, ó propoñerse facer proxectos xuntos. Despois, ao acabar o festival, cada cal volve ás súas cousas e a maior parte das veces o asunto esquécese.
Coincidín con Neil Gaiman nalgúns salóns, e nunha daquelas ceas falamos da posibilidade de facer algo xuntos algún día. Pasou bastante tempo, eu diría que varios anos, esquecinme do tema, e un día recibín unha mensaxe de Neil propoñéndome un guión. Era "O corazón dunha estrela", e sería a historia central do libro "Noites Eternas" de Sandman.
A experiencia de debuxar a Morfeo e os seus irmáns foi estupenda. Cando acabamos, os dous quedamos moi contentos do resultado (creemos que os editores tamén...) e falamos de que deberiamos volver facer algo xuntos. Pasaron xa algúns anos. Tal vez un día destes reciba outra mensaxe de Neil...