Belo Horizonte

Belo Horizonte

"Tres razóns me levaron a Belo Horizonte.

A primeira, a promesa explícita do seu nome. A segunda, o incremento salarial por razón do desprazamento. A terceira, a convicción de que esta viaxe supoñería un punto de inflexión na miña tediosa vida de enxeñeiro técnico de minas, ancorado nun posto medio, nos despachos grises dunha multinacional do sector."

En 2001 a editorial brasileira Casa 21, coa participación da Prefeitura da cidade, propúxome a realización dun libro sobre Belo Horizonte. Estaba recentemente editado, entón, un de Jano sobre Río de Janeiro.

Non quería facer un libro "de estampas", e propuxen desenvolver unha historia que tivese como escenario a cidade, de tal xeito que, ao finalizar o relato, o lector sentise que Belo Horizonte era, en realidade, o personaxe principal da narración. Salvando todas as distancias, como sucede en moitas das películas de Woody Allen con Manhatan.

Fragmento do texto

Comprar