Pierre Christin, mestre de guionistas, creou para Dargaud unha colección de libros baixo o nome de "Les correspondances de Pierre Christin". En agosto do 2002 propúxome facer con el un destes libros, situando a narración no Atlántico. O 13 de novembro dese mesmo ano o Prestige afundiuse fronte ás costas galegas. A principios do 2003 Pierre envioume xa dúas versións dunha magnífica historia. O libro fóiseme enredando e fun incapaz de rematalo ata o 2008. Imperdonable. Tanto, que a colección se pechaba sen que "Marée Noire", que é o título da historia, fora publicado.
Dargaud ven de publicar en Francia un integral da serie con estractos de todas as outras historias e "Marée Noire" completa, así como ilustracións de Juanjo Guarnido, Annie Goetzinger e André Juillard.
Na galería inclúense agora, completas, dúas das ilustracións que, por razóns de maquetación, aparecen cortadas no libro.