Une lettre trouvée à Lisbonne

Une lettre trouvée à Lisbonne

Este libro, feito en colaboración co escritor Eric Sarner, tivo ata o momento edicións soamente en francés (edición orixinal) e en edicións biligües portugués - francés / inglés / castelán co título Carta de Lisboa. Calquera delas é xa moi difícil de atopar.

Tanto Eric como eu coñeciamos Lisboa desde facía tempo e acordamos unha metodoloxía de traballo simple: durante os quince días que duraría a nosa estancia percorreriamos xuntos a cidade, tomariamos notas e apuntes, pero en ningún momento os compartiriamos, de maneira que a visión do un non condicionase a do outro. Así o fixemos. Só houbo dúas claras violacións do acordo. A primeira, que ao cabo de dous ou tres días os dous advertimos que, imprevisiblemente, Lisboa estaba chea de sutís referencias animais. Estaba claro que ese fío condutor aparecería en texto e imaxes. A segunda, un fascinante suceso cunha fotografía atopada por azar nun lugar inverosímil. Era imposible non facer comentarios e elaborar unha historia común ao redor daquel achado.

  • 198big_04
  • 199big_05
  • 200big_08
  • 201big_09
  • 202big_12
  • 203big_14
  • 204big_18
  • 205big_21
  • 206big_25
  • 207big_27
  • 208big_35
  • 209big_37
  • 210big_38
  • 211big_47