Stratos foi o meu segundo libro. Publicouse por capítulos na revista Zona84. Trátase dunha reflexión traxicómica, con aparencia de ciencia-ficción, sobre os aspectos máis absurdos da nosa sociedade, marcados polo capitalismo, o consumismo e os estratos sociais.
Tiven o honor de que o libro fose prologado por X.L.Méndez Ferrín.