Unha illa, un faro, un dique inmenso, un home que chega, unha muller que espera e outra que non espera nada.
Os sentimentos son complicados de manexar e máis aínda de explicar e expresar. Os malentendidos forman parte inevitable das relacións humanas.
"Bioy Casares ceara comigo esa noite e demorounos unha vasta polémica sobre a execución dunha novela en primeira persoa, cuxo narrador omitise ou desfigurara os feitos e incurrise en diversas contradicións, que permitisen a uns poucos lectores -a moi poucos lectores- a adivinación dunha realidade atroz ou banal."
(Jorge Luís Borges, "Tlön, Uqbar, Orbis Tertius")