No 2008 contactoume José Pintado, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, para propoñerme a participación no Proxecto Neuston, no que se establecían emparellamentos científico-artista para facer unha proposta conxunta que se recollería nunha publicación e unha exposición itinerante.
Ángel Guerra, investigador do CSIC, leva anos traballando -entre outros temas- en cefalópodos, e dentro deste apartado, no Architeuthis dux, a máis espectacular e fuxidía das luras xigantes. Eu xa vira un exemplar impresionante conservado en Luarca (Asturias) e nunha exposición temporal no Aquarium Finisterrae da Coruña. Pareceume un tema fascinante para unha historia. De feito, tiña xa, esperando un papel, ao protagonista e ao seu can...