Cría que fora facía dous, talvez tres anos... Pero foi en 2004 cando Ángel de la Calle (Modotti, una mujer del siglo XX) me propuxo unha colaboración no libro temático que a Semana Negra publica todos os anos. O tema elíxeno da forma máis arbitraria que podamos imaxinar (a min gústame o sistema...), e aquel ano foi O compañeiro Leonardo. É seguro que o señor Da Vinci debeu ter máis dunha "semana negra" na súa axitada vida pero, máis aló deste punto, escápaseme que relación pode haber entre este xenio e o mellor festival de novela negra do planeta.
Permitídeme agora un toque erudito: nos últimos anos da súa vida, Leonardo abandonou precipitadamente Italia (que aínda non existía como tal) e refuxiouse en Francia, en Amboise, acollido por Francisco I. O monarca puxo á súa disposición a mansión / chateau de Le Clos Lucé, unha residencia e uns xardíns magníficos, a 500 m. do pazo real. Dise que hai un pasadizo subterráneo que comunica a casa co palacio, polo que Francisco adoitaba visitar ao mestre a calquera hora do día.
Polo que se sabe, Leonardo fixo a viaxe "lixeiro de equipaxe" pero, entre os seus pertrechos, levaba A Gioconda, que se quedou xa en Francia como residente con carta de cidadanía.
O texto está en castelán e, aínda que reducido, creo que é legible.