Quen coñeza a miña obra ou siga as miñas redes sabe da miña fascinación pola natureza, en xeral, e polo bicherío, en particular. Debuxar e pintar animais foi unha constante desde neno.
Cando me propuxeron ilustrar uns pequenos textos de Antonio Fraguas, recollendo crenzas tradicionais sobre algúns animais en Galicia, para o libro "Os Animais de Fraguas" editado polo Museo do Pobo Galego, non o pensei dúas veces.
E ao facelo tomei a decisión de ir ampliando esa colección de imaxes co meu propio criterio ata chegar a constituír unha especie de caderno de campo das especies máis comúns na nosa contorna. Vai avanzando...