Sendo galego non fixera ningún dos itinerarios do Camiño de Santiago. A editora e amiga Gemma Sesar propúxome realizar o chamado Camiño de Inverno, desde O Barco de Valdeorras, xunto coa urban-sketcher estadounidense Rita Sabler, para preparar unha exposición no Museo dás Peregrinacións e un libro titulados "Camiñamos para parar / Camiño de Inverno", para o Xacobeo 21·22. Fixémolo en setembro de 2022. Non vou ser orixinal: foi unha experiencia magnífica. Debuxabamos e pintabamos sobre a marcha, o que na maioría das ocasións resultaba complicado, pero cada imaxe é apenas un escintileo dunha chea de momentos indelebles.