Durante dous anos realicei semanalmente para o suplemento dominical do Periódico de Cataluña a ilustración dun texto sobre unha cidade ou un lugar do mundo escrito alternativamente por un grupo de xornalistas e escritoras/escritores. Foi unha experiencia magnífica. Non cheguei a coñecer persoalmente a ningún dos meus compañeiros de viaxe, salvo por algunha conversa telefónica. O contacto era vía correo-e. Pero, polos lugares escolleitos (eran elas/eles os que elixían) e por como os "miraban", establecéronse certas complicidades con algúns.
Os debuxos son todos tinta sobre papel e a cor é dixital. Non houbo nin unha soa vez que, unha vez acabada a ilustración, non lamentase non ter feito a cor con medios naturais...