A sombra dunha traxedia vai empanar a alegría de Mael de ser quen, por fin, de participar como un adulto máis na colleita de cereixas. A repentina e misteriosa enfermidade que pon os seus pais ás portas da morte, embarca o rapaz nunha viaxe que o levará moi lonxe da súa terra, e na que coñecerá os máis fabulosos personaxes que un pode imaxinar. O texto de Uxía Meirama, cheo fantasía e aventura, exalta valores como a amizade, a lealdade ou o amor pola natureza. Animais fantásticos, meigas e xanas, augas milagreiras, ogras e xigantes desfilan polas páxinas desta historia nunha constante sucesión de acontecementos marabillosos.