Hai premios e recoñecementos que, por razóns particulares, resultan especialmente queridos.
A CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) é unha ONG que traballa en Galicia desde 1990 no estudo, divulgación e conservación neste campo.
En agosto de 2012 a CEMMA nomeoume Socio de Honra e Arroaz Maior. Grazas por ese nomeamento.
Os cetáceos formaron parte das miñas historias frecuentemente, desde o meu primeiro libro, Fragmentos da Enciclopedia Délfica.