Dentro da campaña "Bibliotecas Ilustradas", posta en marcha pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (2008), solicitáronme a realización dun mural para a biblioteca "Rialeda" de Oleiros, municipio limítrofe coa Coruña.
O edificio é un magnífico palacete burgués de principios do XX, obra de Rafael González Villar.
O mural está realizado con acrílicos sobre taboleiro "DM" e ocupa un gran arco de máis de 4 m. situado na sección infantil da biblioteca.