Xabarín

Xabarín merece, sen dubidalo, un capítulo especial na miña carreira. En 1994 botaba a andar unha emisión na Televisión de Galicia destinada ao público infantil-xuvenil, que contería series de animación e espazos de produción propia. Arredor do Xabarín Club desenvolveríase unha intensísima e moi variada actividade musical (especialmente a colección de CDés, os videoclips e as Xabaxiras), colaborando co espazo a práctica totalidade dos grupos e músicos do pop-rock galego (e portugués) daqueles anos. Ao redor de 1998 o club contaba xa con 100.000 socios afiliados (e un gran número de "pretendentes" que non cumprían co requisito indispensable de ser menor de 18 anos).

Dende entón estiven actualizando a imaxe de Xabarín e facendo ininterrumpidamente para o club postais, chapas, camisetas, carteis, portadas de discos...
É un orgullo para min ter a posibilidade facelo.