En 2001 comecei a pensar na posibilidade de facer unha película de animación "en solitario". De inmediato apuntouse ao proxecto Nani García, amigo, músico e compositor. Fíxoo cun entusiasmo imprudente, pois o único que había era unha declaración de intencións. En 2002 comezamos a traballar "en serio".
Cando o proxecto tivo un primeiro guión completo e unha primeira planificación visual acabada, Chelo Loureiro, que acabaría sendo a produtora executiva, aceptou subirse ao barco. Ela xestionou a participación de Continental Produccións como produtora principal, e a das demais produtoras e entidades que lle deron viabilidad ao proxecto, e nos deu apoio e ambición sen límites.
A Orquestra Sinfónica de Galicia gravou a banda sonora e a interpretou en directo nas dúas presentacións "en vivo" que se fixeron ata o momento.
Foron catro anos de "traballos forzados" e unha experiencia irrepetible. E sei moi ben o que quero dicir cando digo irrepetible.
» SINOPSE
Escoitar / Comprar B.S.O. en iTunesEscoitar / Comprar B.S.O. en iTunes (necesario iTunes instalado)
Planificación
Deseños e Bosquexos
Bosquexos de Cor
Fondos
Orixinais
Cartéis